luns, 18 de xuño de 2012

MIMIMI

(mi ciudad-mi gente-mi verano)

Cuántos océanos he vaciado para llegar aquí
cuántas mantas destrocé para trepar al infinito
y todo por ti, maldita Carmela
pobre Carmela,
que consiguió llegar al infinito y descubrió que allí 
tampoco había nada.





luns, 4 de xuño de 2012

Boas noites:

Asolagaches o servizo
cando destrozaba o ventre de mamá.
Tiveron que pechala porta para que
non me romperas en anacos.
Antes que amarme, maldiciches
a miña existencia, o meu pranto,
a miña melancolía cando non podía aprender
as cores.

Dóenme tanto as túas feridas, que
me gustaría destrozalo Mundo,
rompelo en anacos e regalarcho
en forma de barquiño de papel.
E ti incendiaríalo coas tuas verbas
que queman, que explotan
nas miñas fráxiles veas.

Fuches a miña esencia,
eu son porque ti es e
convertinme no "miniyo" das túas
rabietas, das tormentas da túa lingua.
Brais, eu xa non teño forzas
para maldicir ó reloxo que
nos fura os miolos, que escribe con
vermello que xa non somos aqueles nenos,
que xa non soñamos con ir ver
 despegar avións a Peinador;
entón nos vexo sentados nun banco,
criticando o Mundo en Compostela,
a Compostela no Mundo.

Que cando me ensinas cicatrices eu
non deixo de morrer, que te levo, miña sombra,
lévote nos meus dedos, no meu ADN de
nados para encher botes coas nosas bágoas.

Somos os dous somos os dous somos os dous
de sempre, no lugar de sempre, no rectángulo
do meu corpo redimido de opresións
de cabalo

Que estás tan dentro que non podería
trazar unha liña divisoria entre os nosos pensamentos
entre as nosas testas inquedas,
a nosa maneira de querernos dende fóra
dende dentro

E curarei do teu fígado enfermo,
das túas mans amarelas,
dos paxaros que despeinan os teus rizos

Os meus rizos tamén.

Que quero limparte as entrañas
lavar o teu corpo sucio e perdido
e meterte na cama.
Bicarte a fronte, respirar, e dicir

durme, Braisiño, durme, que así
durmirei eu.

domingo, 3 de xuño de 2012

SÓLOSÓLOSÓLO.

Y yo sólo puedo vomitar
ríos de sangre
pensamientos absurdos, 
deshidratarme las pupilas
mirándote a los ojos.
Querría apartarte el pelo,
penetrarte desde la frente 
al interior
y
'violarte
el
pensamiento'.
Y después,recoger el sudor
de mis manos
de mi cuerpo siempre agotado
de soñarte desde lejos.