luns, 2 de xullo de 2012

Regalo para Carmela. 28/06/2012




- Necesitaba ver ós Amantes de novo
facer un poema da miña mente en Laponia
neses 112 minutos nos que me invade o caos
da vida e das casualidades
Pero miña Selva adiántase, e un avión
kamikaze entra pola porta do meu Berlín: -



'Non son quen de dicirche
que non tenhas frío en inverno
cando sei perfectamente que
che encanta agocharte neses xerseis grandes
baixo os que podería soterrarte.

E tenho que dicirche que
-para min-
es moito máis que 3Carmelas
e que podería caer no abismo dos teus ollos
se, coma Otto, me atrevese a mirar neles
o meu reflexo paralizado.

Espero voler verte
en Siberia, en Laponia, en Australia
ou neste noso Berlín.

P.D: Esta é a miña hipótese da pregunta do avión:
- Pode o amor sobrevivir ao frío?'


SELVA.