luns, 24 de decembro de 2012

Felices merdas

Luces, cámaras e acción!
E, detrás, unha sacudida entra pola miña fiestra. Observo como unha pomba trapecista danza no tendal, unha señora encorvada que non quere ver máis alá do chan, do putrefacto chan. Pedras contra a miña testa que me flaxelan as sienes. Parece que hoxe todos importamos. Ou ninguén importa. E agora son eu quen xa non quere ver máis.
Direi que fuches ti, que entendelo así sempre é máis simple para o resto. Pero neste meu laberinto só hai sitio para min, e ademais chove. Non quererás ver os cristais empañados, eu xa non sei onde me deixará este autobús. Sería a confusión co fume dos teus cigarros. Quizais en Príncipe, quizais goce coas luces, coas cámaras, coa acción. A acción que é sempre a mesma, e a reacción que xa non coñezo.
Quixera saber por que hoxe a muller que espera ansiosa algunha moneda na porta do mercado, recibe máis ca nunca. Caridade ou limpadura de conciencia?
Con ciencia.




Felices merdas.