xoves, 13 de novembro de 2014

N

constantemente caendo
constantemente no precipicio
constante mente retorcida
descendo entre o furor dos meus propios berros
coma unha mosca na xanela
chocando unha e outra vez no mesmo ángulo diminuto
coma se o gran cristal non existira
coma se quixera obviar esa saída

creo que Nicómaco estaba no certo
hoxe invitoume a dar un paseo
por entre as miñas paranoias oníricas
omnisciente paseo por entre as ruínas do que foi
do que xa non é e azota salvaxe nos miolos

nacimos siameses de corpo enteiro
separáchesme cun coitelo
Nicómaco

separáchesme cun coitelo

xoves, 5 de xuño de 2014

oclusiva bilabial xorda

florecerá o teu paraíso
fondo e sutil
acariciarei suave as follas
-coma o mel cae pola gorxa-
e fortalecerá o talo

nacerá unha oda de cada ángulo obtuso
que forma as milimétricas pezas do reloxo acelerado
-tocarei tódolos instrumentos da orquestra-
un perfecto 42

levarei o vento coa flor
a flor co vento
fortaleza xa de milleiros de visitantes

Un tornado que se volve por fin onda expansiva

e se expande

(expandémonos)


PAZ

domingo, 9 de marzo de 2014

in media virtus

coma un golpe aristotélico no centro do caos
somos unha noite máis os gardiáns do arco da vella
estouramos no medio do camiño
no centro da diana
na metade da mazá
nunha liña divisoria entre dúas mentes contrarias
e dous pensamentos intrinsecamente homoxéneos
tremer ou suar
son realidades paralelas en camas opostas

de nada vale temer á onda que nos enrola
...
agora flotamos no medio do mar
no centímetro máis exacto do medio da virtude




sábado, 8 de marzo de 2014

luns, 3 de marzo de 2014

De malas noites

Non importa que esta noite semelle un tornado
Non importa que enmarque este eco mental
Non importa
Porque mañá espertarei de cristal

venres, 14 de febreiro de 2014

na cima da xirafa

domina un rei decapitado
un parásito infernal
pero hoxe imos ter un combate de galaxias

a Forza viste vermella
a fraqueza gris
na cima da xirafa
gañamos a batalla

pingando sangue desvisto a frouxura
durmo

...
-creación insistente dunha imaxe-

e a destrúo