constantemente
caendo
constantemente
no precipicio
constante
mente retorcida
descendo
entre o furor dos meus propios berros
coma
unha mosca na xanela
chocando
unha e outra vez no mesmo ángulo diminuto
coma se
o gran cristal non existira
coma se
quixera obviar esa saída
creo que
Nicómaco estaba no certo
hoxe invitoume
a dar un paseo
por
entre as miñas paranoias oníricas
omnisciente
paseo por entre as ruínas do que foi
do que xa
non é e azota salvaxe nos miolos
nacimos
siameses de corpo enteiro
separáchesme
cun coitelo
Nicómaco
separáchesme
cun coitelo
Ningún comentario:
Publicar un comentario