baixo a noite nuclear
necesito a túa man tímida
e desinteresada
o teu pensamento tricolor
calmando o meu
tan escorregadizo tan cheo de todo tan cheo
de nada
había un monstro de tres cabezas esperando a comerme
a descoserme
e ti cos teus ollos coses as cicatrices da noite
unha e outra vez desenredándome as pernas
creas siluetas simultáneas que borran o eco do tártaro