mércores, 6 de marzo de 2013

Mitificando

Sei perfectamente que noutra vida formamos un mar. Acariciabamos o horizonte dos imposibles e íamos máis alá. Fixemos unha katábasis, un descenso aos avernos do silencio, e gozamos do noso poderío.
E hoxe mitifico dende o tellado iso que nunca sucedeu. Só un dano colateral pode turbarme coma borracha, coma a nena que son e non son, coma o pensamento máis irracional.
E eu estaba serea, mollada dunha choiva para min descoñecida nun mundo

no que o primeiro bico é nun ollo