sábado, 27 de outubro de 2012

Prefiro sentir lume nos xeonllos
rochas apretando forte
e tambores xurásicos en Perú
Prefiro que me ensines shiwilu
e seguir cantando A las Barricadas
Creo que incluso preferiría derretirme
en Laponia
ou esgotar tódalas miñas forzas
baixando esas escaleiras en espiral
infinitas
Pasear polo subsubsubsubsolo
arrastrándome coma unha víbora
á que lle arrebataron o seu veleno
ou mesmo coma un can pedindo clemencia

Todo iso prefiro antes de que
te autoproclames non-entendedora
antes de que rompas o meu iceberg
e comece a batalla máis sanguenta
dos sete reinos das víboras sen veleno.


Ningún comentario:

Publicar un comentario