luns, 6 de agosto de 2012

'Los puntos se unen hacia atrás' ¿?



Teño tanta vertixe que xa non podo pechalos ollos.
Só quero ser cangrexo e retroceder
descoser
maio e despois novembro
e as miñas pálpebras de bolboreta
que sexan verme despois.
Quero unir os puntos mirando cara adiante
quero saber que o meu sudor é/será necesario
e que morrerei no intento se é necesario
e
que quero ser necesaria.
Quero desquererte tamén,
 e que toda a dor
poda camiñar cara atrás
(e a satisfacción de non saber nin que existiches
e a bondade do Mundo cando daquela
era Mundo)
quero camiñar cara os outonos
esquecidos
deschorar, absorber as lágrimas
que sen dúbida, foron pola
inxustiza
ou compaixón (da que non gosto)
Ser galiña e ovo despois.
Desconectar
Desenterrar
Descoñecer
Desaprender

(A Steve Jobs, que conmoveu a millóns de persoas/borregos afirmando que os puntos se unen do presente cara atrás e as cicatrices teñen sentido. Así que aínda que as pasaras putas antes do triunfo, foi por algo.
 E despois estou eu, que escribo para unilos cara adiante e vivir marcha atrás e non conmovo a ninguén, nin a min, que nin me entendo.)
to
la.

1 comentario:

  1. Unha contínua espiral. A que me leva a desapagar ou desencender a luz mais quente e gustosa para a minha pel. Ser ovo e galiña despois.
    to
    lo


    Noraboa Erato.

    Ramón R. Nogueira

    ResponderEliminar