domingo, 10 de febreiro de 2013

Chegadas á Cidade I



agarimosas e odiadas
a ría, as súas cores
os seus versos
e os coches, os seus ruidos
de motores
irmáns e homes alleos
Eu tamén subo nun deses coches
que en manda entran na estación
nas horas en punto
nas horas dos trens
Atravesamos o Berbés
(escoitamos normalmente
a Batallán)
e ollo para as casas baixas
e penso que se vivira en Vigo
'cando sexa maior'
tería unha desas casas de pedra
e pensaría que os outros lugares
da cidade
son simplemente innecesarios
Cando chegamos á rúa da Paz
estou tranquila
A Seara semella unha casa enorme
e sempre me pregunto se baixo outros ollos
isto tamén é fermoso
como un solpor dende o 4ºE
mirando para o punto menos corrompido
do noso mar
ou se simplemente é un barrio feo
dunha cidade gris
chea de costas e prexuízos
que ninguén comprende





Ningún comentario:

Publicar un comentario