domingo, 10 de febreiro de 2013

'¡Libre como una vaca, como una ostra, como una rata!
Pero las ratas no buscan conciliar el sueño durante horas. Pero las ratas no se despiertan sobresaltadas, invadidas por el pánico, empapadas en sudor. Pero las ratas no sueñan y, ¿qué puedes hacer tú contra tus sueños?'


Desexaches o baleiro
home morcego
home que durme
home que vive postrado
nunha cama a alma
nun París branco e negro
o corpo errante e perdido

Que intentaches procurar
un imposible, unha metamorfose
vexetal, un eterno parón
nesta delicada bola de cristal
Que quixeches ser un
ti anulado
un borrego morto
Que iniciaches unha loita
empedrada contra os sentidos

Pero nun duelo cara a cara 
perdeches contra o subconsciente
porque: 'que podes facer ti contra
os soños?'

E xa ves, de novo estás aquí,
entre pensamentos escuros
en segunda persoa de singular
e psicodelia de tellado
-polo menos nítida-
volvendo a practicar
o sabor das cousas
e a esencia dos sabores
das cousas
(e o que hai que pensar
e o que queren que pensemos...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario