florecerá
o teu paraíso
fondo e
sutil
acariciarei
suave as follas
-coma o
mel cae pola gorxa-
e
fortalecerá o talo
nacerá
unha oda de cada ángulo obtuso
que forma as milimétricas pezas do reloxo acelerado
-tocarei
tódolos instrumentos da orquestra-
un
perfecto 42
levarei
o vento coa flor
a flor
co vento
fortaleza
xa de milleiros de visitantes
Un
tornado que se volve por fin onda expansiva
e se
expande
(expandémonos)
PAZ
Tienes que darme una lección sobre blogs xd
ResponderEliminar